Thursday 25 de April de 2024

A Xunta invise case 200.000€ na mellora dos camiños rurais da parroquia de Couso en Coristanco


— Gonzalo Trenor e Juan Carlos García supervisaron o avance nas obras que comezaron o ano pasado e remataran ao longo deste ano

— A actuación afecta a un total de 18,2 quilómetros dos cales 16,8 quedarán en saburra e 1,4 serán asfaltados

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, supervisaron as obras de mellora dos camiños na parroquia de Couso que contaron cun investimento de case 200.000 euros, dos cales a metade 98.478,08 executáronse no ano 2021 e outra metade executarase ao longo do 2022. A actuación afecta a un total de 18,2 quilómetros dos cales 16,8 quedarán en saburra e 1,4 serán asfaltados.

Trenor agradeceu a colaboración do alcalde para levar a cabo este tipo de actuación porque “pon de manifesto a sintonía da administración autonómica e o concello para levar a cabo os programas deseñados para alcanzar unha mellora da calidade de vida da poboación rural”.

Ademais, este tipo de obras permiten ao Concello de Coristanco seguir avanzando na súa folla de ruta para que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso. Isto contribúe a construír un municipio máis transitable e habitable, máis cómodo e amable para circular tanto a pé como en vehículo. É por elo que se consideran estas obras tan necesarias, posto que supoñen unha importante optimización da seguridade viaria.